lunes, 19 de noviembre de 2007

Presentación

Por segunda tempada consecutiva conseguimos que un dos clubes máis modestos de galicia saia a xogar fin de semana tras fin de semana. O debut na tempada 2006-2007 deixou un sabor agridoce; por unha banda os resultados foron moi decepcionantes, mais por outra, a primeira experiencia para moitos xogadores novos en categoría sénior proporcioou partidos de alto nivel, xogo, e sobre todo interese por seguir facendo deporte, que ao final é do que se trata.
Para esta segunda tempada os cambios foron moitos, o cadro de xogadores cambiou nun 80%, a maioría das baixas son de xogadores que pasaron a completar as filas doutros equipos, fundamentalmente do Seis do Nadal (Zonal A) e do Covelo (aínda que finalmente non lembro se saíron con ese nome). O positivo disto e que malia perder á maior parte dos xogadores, o equipo volve saír este ano, e, o máis sorprendente, con 12 deportistas. O que deixa ben claro que nesta cidade a fame polo deporte está presente na nosa xuventude.
Tras as lóxicas dificultades de conformar un grupo homoxéneo e implicado co equipo para a tempada 2007-2008 o CBLK volve ás canchas, o labor foi arduo, creo que chegaron a soar arredor de 25 nomes, para ao final dar cun grupo de 12+1 xogadores que, coas carencias lóxicas, forman un grupo cando menos interesante. Botamos a faltar altura, dirección e este ano unha mellor forma física, non obstante, a ilusión permanece nunha tempada que se presenta difícil pero coa firme intención de rematala dun xeito digno, e sobre todo de seguir aprendendo día a día e facendo deporte.

No hay comentarios: